A COMISARIA I

{fotografia: inauguración da mostra Que ves cando me ves? comisariada por Paula Cabaleiro en Santiago Xuño 2011}

PAULA CABALEIRO

(Cangas do Morrazo, 1986) Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2009, estuda o ano siguinte o Máster en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporánea da USC e o Máster de Educación da UVIGO.

Artista multidisciplinar, comisaria, xestora cultural e dende Novembro de 2011, codirixe a galería A.dFuga, en Santiago de Compostela.

Como comisaria, destacar a exposición colectiva “Que ves cando me ves?” (na Sede da Consellería de Participación Cidadá de Santiago), dentro das  xornadas pola visibilidade da productora cultural galega, proxecto subvencionado polo Instituto da Muller (Ministerio de Cultura), e as individuais “La Finca/GoodNightLondon”, de Jesús Madriñán, “Shine. Do you mind?”, de Montse Rego, "Las imaginadoras" de Carolina Cruz Guimarey, "La intimidad descubierta" de Gema López, e Tic, Tac… de Laura Piñeiro, na galería A.dFuga, esta última itinerando despois á Capela do Hospital en Cangas do Morrazo.

Colabora no equipo de producción da Bienal de Pontevedra (2010) e na  Feira Espacio Atlántico (Vigo, 2010 e 2011). Colabora en varios proxectos didácticos co MACUF(Novembro 2010-Xaneiro2011), con Territorio Cultura no Palexco(Xuño 2012) e coa Rede Museísica de Lugo(Xuño 2011-actualidade). Coordinou ciclos de conferencias, como Os Muros teñen a palabra (Decembro-2011) e Da arte feminina á arte feminista (arte&reflexión&gestión&literatura&performance), en Abril-Maio do 2012 en Santiago de  Compostela, que aglutina a mais de 25 mulleres traballadoras da cultura das  catro provincias galegas; tamén é promotora do I En(Red)ados (encontro de profesionais do sector cultural artístico en Decembro 2012). Foi membro do Xurado no Certamen de ArteEscolar2012, da Fundación Granell (Santiago). Foi poñente no nº29 do Pazo das Musas no Museo Provincial de Lugo, cidade en que  tamén ten participado nunha táboa redonda sobre Xestión Cultural na sede da Deputación.

Participa no I Encontro de Artistas  Novos da Ciudade da Cultura (2011) e foi becada coa residencia artística EntreValles (Torremocha del Jamara, Madrid , 2011).

Participa na mostra colectiva Inside (Cidade da Cultura de Galicia,  Nov. 2011-Xuño 2012) e na exposición Mujeres y arte na sede da  Dirección General de Turismo da Comunidade de Madrid (Abril, 2012). Entre outras colectivas nas que participa recentemente podemos destacar espazos como o Pazo de Cultura de Pontevedra, o Convento de Cristo (Tomar, Portugal), o Albeitar (León), a Fundación María Forcada (Navarra), a Casa de Galicia (Madrid) e o Centro Villa de Móstoles (Madrid).

A súa obra é seleccionada en premios como V Premio Jesús Nuñez da Fundación CIEC, Novos Valores do Museo de Pontevedra, Premio de Grabado Máximo Ramos da Fundación Torrente Ballester e Arte Morrazo, entre outros.
A través do proxecto Arte de Ser muller nun  mundo por compartir, expón individualmente nos museos da Rede Museística  de Lugo (Pazo de Tor, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Museo Provincial  do Mar de San Cibrao) e na Sala de San Marcos.

É unha dos tres artistas que representan a Galicia no macroproxecto estatal  Quien le da la vuelta a la tortilla? (subvencionado polo Ministerio de Cultura)expoñendo no Museo Provincial de Lugo, Museo de León e MUBAM de Murcia. Realiza unha  intervención artística no proxecto Entolarte (Antiguo Hospital Psiquiátrico San Rafael, Castro de Lea), promovido pola Deputación de Lugo.

É unha das 15 finalistas no V Premio Internacional de Artes Plásticas  da Fundación María José Jove 2012, sendo a súa peza (b)vellos hábitos adquirida pola fundación, e recentemente a súa obra é seleccionada no I Locografías da Fundación Intras, participando nunha exposición no Teatro Zorrilla (Valladolid, xaneiro-febreiro 2013). Nos próximos meses, desenrolará un taller+obra instalación para a exposición Invisible na sala Normal (A Coruña), e prepara a súa individual que terá lugar en Xuño na Galería Sargadelos de Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario