AS ARTISTAS I

#MARÍA XOSÉ ARES#
1963, Lugo
http://mxares.blogspot.com.es/

Estuda a Licenciatura en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1998) e Arquitecta Técnica. Universidade de A Coruña (1987).
Actualmente exerce de profesora de Artes Plásticas no IES Johan Carballeira. Bueu. Pontevedra. Realizou exposicións individuais en Lugo, Pontevedra, Bueu, Cangas e Madrid. Ilustradora de varios libros e artigos. Seleccionada en exposicións colectivas de Arte no Morrazo (Cangas), Holland Art Fair (Holanda), Fundación Laxeiro (Vigo), Novos Valores (Pontevedra), entre outros. Obtivo un primeiro premio e dúas mencións de honra en varios certames de Arte no Morrazo (Cangas, Pontevedra)



#LORETO BLANCO#
1964, Moaña (Pontevedra)

Licenciada e doutora en Belas Artes pola Universidade do Pais Vasco. Dende 1993 ata a actualidade Profesora na Facultade de Belas Artes da UVigo.
Actualmente se atopa desenrolando dúas series: Seres de la naturaleza e Retratos puestas de luz, onde investiga relacións da natureza co ser humano, así como as conexións que posibilita a arte entre os aspectos emocionais, psicológicos e internos  mediante a cor, a imaxe e incluso o terapéutico. Artículos publicados: “La quiescencia de la material, todo un arte”, no libro  Arte: Diccionario ilustrado, Servicio de Publicacións da UVigo, 2012. “Poner en luz” no libro Aberto por obras. Editado pola UVigo e o MARCO, 2005. “Art of the consciousness of knowledge” no libro Arts therapy: Recognized discipline or soul graffiti?, 2004. “Educación artística para el desarrollo de la consciencia”, Revista Visualidades , Brasil, 2004. “La mirada interior como forma de conocimiento” no libro Sentidos del mirar, editado polo grupo de investigación PI1 da UVigo, 2001.



#PAULOVA#
1983, Lugo
http://www.paulova.es/

Licenciada en Belas Artes, utiliza diferentes medios para representar a idea do cotiá, a propia experiencia e a ironía, buscando sempre o guiño co espectador por medio do popular. O kitsch serve como punto de partida para a realización de diferentes propostas que responden a realidades comúns e contemporáneas. Entre as exposicións nas que ten participado, destacan "Labores Marcianas" en AboutArtGallery (Pontevedra), Xeración 80 no Pazo da Cultura (Pontevedra), 13 Bienal de Pintura Balconadas (Betanzos), Emergentes en AboutArtGallery, Kaldarte de Caldas de Reis, etc. Recentemente participou en ferias como RoomArtFair#2 (Madrid, 2012).
#CAROLINA CRUZ GUIMAREY#
1981, A Coruña

Artista visual, licenciada en Publicidad e RR.PP (UVIGO), e con un Máster en Produción Artística Universidad Politécnica de Valencia, e actualmente cursando doutorado Arte: Producción e Investigación da Universidade Politécnica de Valencia. Destacan as súas recentes exposicións individuais Las imaginadoras en A.dFuga e El desván. Estrategias para invocar fantasmas en Centre d'Art La Rectoría (Sant Pere de Vilamajor, Barcelona), e o seu Primeiro Premio de Escultura/Instalación no Certame Nacional de Arte Joven PANCHO COSSÍO 2012. Recentemente, participa na feira madrileña JUST-MAD en 2013, da man da galería A.dFuga.



#SARA DEL VALLE#
1990, Cangas

Estudante de psicoloxía na USC, comezou a sua traxectoria como fotógrafa a unha idade moi temperá, acudindo a diversos cursos de fotografía analóxica, dixital e revelado.
Nesta mostra presenta unha serie de imaxes , tomadas na Protectora de animais do Morrazo , na que se reflicten con crudeza os sentimentos deses animais olvidados.
Exposicións individuais: na Capela do Hospital de Cangas e no Concello de Moaña. Participación en exposición colectivas en Cangas: Sala do Auditorio e Sala Ángel Botello. Colaboracións como retratista para Editorial Ir Indo e con grupos musicais inmortalizando ditos eventos.


#Mª X FERNÁNDEZ IGLESIAS#
1961, Vigo
Ten traballado en moitos eidos das artes visuais e todos eles acaban por mesturarse na súa obra, nunha mestizaxe que busco intencionadamente.
Ten obra en espacios públicos como a correspondente á Beca Paradanta no Concello de  A Cañiza. Participa na feira Flecha en Madrid e entre as súas exposicións podemos destacar a Sala do Auditorio Municipal en Cangas, Museo Arqueolóxico e Casa da Xuventude de Ourense, Sala do Teatro Principal, Sala Teucro de Pontevedra, sala do Colexio de Arquitectos e Casa das Artes en Vigo, Casa da Parra en Santiago. Ten participado en exposicións, de escultura e ilustración, colectivas e itinerantes por Galicia, España e Hispanoamérica.


#BASILISA FIESTRAS#
1985, Pontevedra
http://basilisafiestras.blogspot.com.es/

Artista mutidisciplinar. Licenciada en Belas Artes na especialidade de Debuxo pola UVIGO. Estuda tamén o Máster en Arte, Museoloxía e critica contemporáneas da USC e na actualidade está realizando dende o 2010 a súa tese doutoral: (DES)VESTIRSE-VESTIRSE-(RE)VESTIRSE. A indumentaria na práctica artística actual. Obtivo o Premio de comisariado, Zona C 2010, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, co proxecto “Give Me Your Picture”. Como artista plástica a súa obra foi exposta en diferentes mostras destacando: No 2012, “Novos Valores”, Museo de Pontevedra, “Galicia Crea 2012”, Iglesia de la Universidade, (Santiago de Compostela), “XI Certame de Artes Plásticas”, Centro Cultural Deputación de Ourense, Ourense, “Arte no Morrazo”, Auditorio Municipal de Cangas(Pontevedra). En 2011, “Inside”, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, “Camiños en Feminino”, Casa de Galicia Madrid, “Estamos (I) Somos (+D) 2/ We Are (and) Weare (+of) 2”, Biblioteca pública do Campus de Ourense, “Dressed”, exposición pola fashion week, Oporto, (PORTUGAL)


#CARMEN LLONÍN#
1964, Lugo

Artista autodidacta que elabora traballos moi variados aínda que sempre relacionados coa paixón pola natureza e coas emocións personais. Entre as súas exposicións individuais destacan espazos como a Capela de Santa María, o Centro de Artesania e deseño de Lugo, Diputación de Lugo,O Concello de Cervo, a Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro ou a Galería Sargadelos de Lugo. 

Entre as últimas colectivas nas que ten participado podemos mencionar Novos Valores 2009 do Museo provincial de Pontevedra, A arte de ser muller nun mundo por compartir 3.0. Itinerante Rede Museística de Lugo. Pazo de Tor e Museo do Mar en San Cibrao, A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0. na Sede da Deputación de Lugo ou Proxecto Entolearte no Psiquiátrico San Rafael en Castro Riberas de Lea.


#GEMA LÓPEZ#
1987, Lugo
http://gema-lopez.com/

Licenciada en Belas Artes e Máster Universitario en Arte Contemporáneo. Creación e Investigación, pola UVIGO. A súa obra foi exposta en diferentes mostras destacando: Galería A.dFuga (Santiago), Pazo da Cultura (Pontevedra), Hospital Psiquiátrico San Rafael (Castro Riberas de Lea), Galería About Art (Pontevedra), Deputación Provincial de Lugo, Fundación CIEC (Betanzos), SALA X, Facultade de Belas Artes (Pontevedra), Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, Fundación RAC (Pontevedra), Académie Royale des Beaux-Arts de la Ville de Liège (Bélgica), Galería Amararte (Lugo), Ateneo Sta. Cecilia (Marín), Galería Sargadelos (Pontevedra), Espacio das Artes (Pedrouzos), Casa da Música (Lugo) e Casa do Concello de Lugo. Tamén destacar a súa participación na feira JUSTMAD#4 en Madrid da man da galería A.dFuga.


#PILAR MONROY#
1978, Cangas (Pontevedra)
http://naranjamecanica1972.wordpress.com/ 


Comeza no mundo da creación plástica  a curta ideade, da man do seu maestro, o artista Lito Portela. A súa formación teórica pasa polo filtro da súa profesión  como Historiadora de Arte, aportándolle unha óptica universal do mundo da arte. O feminino tende a ser o protagonista absoluto de aquelo que plasma, con significados que trascenden a forma e nos que intervén as cores, símbolos de sensacións, sentimientos e ideas que moven a man executora. A muller é a suprema deusa  no seu mundo onírico de irreais realidades, a "Gea", a "Magna Mater", a "Mégalas Matrós". Entre as súas exposicións individuais podemos destacan espazos como a Capela do Hospital (Cangas) e o Casino de Puerto de Vega (Asturias) e colectivas como Arte Morrazo e Art Xove (Pontedeume).


#ROSA NEUTRO#
1979, Cangas (Pontevedra)
http://rosaneutro.blogspot.com.es/

É artista multidisciplinar licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Actualmente, a fotografía é o punto central da súa obra; a inmediatez e o seu uso popular convértese no vehículo idóneo co que a artista explora o cotiá buscando asociacións inesperadas e o novidoso no máis achegado. A través do paseo explora “a realidade como si de unha pantalla se tratase sobre a cal [“unha”] proxecta as súas emocións” (Bernard Plossu). 



#ARACELI PAZ#
1986, O Hío, Cangas 
aracelipaznovas.blogspot.com.es/

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona en 2010.
É artesana en serigrafía pola escola de Artes e Oficios de Vigo onde estudou baixo a tutela do artista Nelson Villalobos.
Actualmente cursa o mestrado en educación  na UVigo onde investiga e traballa na mellora da ensinanza das artes no instituto e nos ciclos formativos. 
A súa interese polas historias abstractas ou de pouca "credibilidade" lévaa xa dende moi nova a creación de paisaxes imaxinarios a través de diferentes disciplinas como a pintura, o vídeo ou a ilustración.
As serigrafías expostas baséanse en lendas galegas, ás que accedeu polas entrevistas realizadas a persoas maiores, recollendo a tradición oral da parroquia. Por outro lado tamén nacen de casos misteriosos acontecidos e Galicia, como avistamentos OVNI, e outros casos relacionados coa mitoloxía ou conspiración.



#SHEILA PAZOS#
1986, Ginebra (Suíza)
http://www.sheilapazos.com/



Licenciada en Belas Artes en 2009 pola Facultade de Pontevedra con Premio Fin de Carreira, ampliou os seus estudos cursando un “Máster en Maya” en Madrid, un “Máster  en Arte Contemporáneo, Creación e Investi­gación” na Universidade de Vigo e atópase agora en período de redacción da súa tese e cursando “Estudios Superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia” (ESDEMGA).
Participou en numerosas exposicións colectivas e individuais nacionais, e internacionais. Participou tamén en feiras de arte como ArtMadrid e RoomArtFair. Gañou ademáis varios premios como o 2ºPremio en Artes Plásticas de Xuventude Crea 2010, 1º Premio de Videocreación “Gz Crea 2008”, a Bolsa Novos Valores 2009, e recibiu varios accésits e mencións de honra.


#IRIA PÉREZ#
1988, Ourense

Realizou estudios de violín nos conservatorios profesionais de música do Concello do Carballiño e de Ourense, adicándose ahora de forma autodidacta.
Actualmente colabora na galería de artecontemporánea A.dFuga (Santiafo de Compostela) dando concertos de violín.
Estuda Belas Artes na Universidade de Vigo, donde se iniciou na performance, donde liga diferentes disciplinas como a poesía ( foi finalista no concurso “Entre Nós , en Galego”, no certame de poesía) e pinceladas de teatro (estivo no grupo de teatro Tarumba de Ourense.)
Actualmente, está a investigar sobre arte como terapia.

#AYNARA PEREIRO#
1987, Moaña (Pontevedra)

En 2005, ingresa en la Universidad de Vigo (Facultad de Bellas Artes), donde recibe formación artística y se especializa en pintura. Al mismo tiempo imparte clases de pintura y dibujo en una academia y complementa su formación con cursos como: asistencia a las II Jornadas de Diseño Gráfico y Tipografía, asistencia al Obradoiro de animación a la lectura, Curso de Actividades en el Mercado del arte y Asistencia a las jornadas sobre la Investigación en las Bellas Artes. Y posteriormente realizará el Máster de Dirección de Arte en Publicidad para centrarse en el diseño.
Desde entonces su obra ha sido expuesta en diversas 
exposiciones colectivas en numerosas salas: Casa de la juventud de Ourense, Capela do Hospital (Cangas del Morrazo), Casal de Ferreirós (Poio), Sala Nauta (Sanxenxo), Centro Social Caixanova (Pontevedra), Casa de la juventud (Lalín), Auditorio de Boiro, Auditorio de Cangas, Casa da Cultura de Cangas.
Seleccionada en 
Arte no Morrazo, segundo premio y accésit de pintura rápida en A Pintar Cangas (Cangas del Morrazo), segundo premio en el certamen de cómics de Cangas del Morrazo y accésit en el Certamen de Carteles de Carnavales de Cangas del Morrazo.



#TANIAPÉREZ#
1986, Pontevedra
http://taniaperezarribas.blogspot.com.es/



Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, a súa actividade céntrase na práctica artística contemporánea,  tendo realizado varias exposicións colectivas, entre as que destacan as realizadas no Cuarto Espacio de Zaragoza, a sala de exposicións do Arco de los Santos de Jaén ou a chamada Madrigueras, el arte de habitar na sede da Diputación de Málaga. Ten participado en varias becas e proxectos subvencionados do ámbito nacional e internacional como o 10th International Art Symposiym Opovo en Serbia, a Feira Internacional de arte universitario IKAS-ART, o V Encuentro de artistas en Uncastillo, o MOVIC/ beca de movilidad creativa en Zaragoza. Tamén  gañou certámenes como o certamen de fotografía da universidad de Vigo, o certamen GZCREA 2013 ou o certamen Entre Valles de Madrid.  A súa obra forma parte de coleccións como a da Fundación Torrearte de Madrid, o Goberno de Aragón, a Universidade de Vigo, ou a Galería Jovan Popovic en Serbia.



#MARTA PRIETO#
1971, Lugo
www.martaprieto.com/ www.umuestudio.com/ www.artemenudo.com

Artista pluridisciplinar formada no ámbito da gráfica publicitaria. O seu traballo se move en diversos soportes; a arte visual, a video-instalación, a performance, fotógrafía, escenografía, moda e arquitectura. Socia fundadora do estudio de arquitectura U.M.U leva realizando diversos traballos dende o seu inicio no 2004 ata a actualidade. Tamén funda Artemenudo Galeria, espazo que dirixe dende o 2008 en Lugo. "Jóvenes artistas Lucenses" (Organizada pola Deputación de Lugo) París. "I Certamen ciudad de Lugo" (Mención e adquisición) Lugo. Escenografía para "El retablo de las maravillas" (Teatro Campus de Lugo) Lugo. "Jaula de Grillos" (Jardines e Claustro do Museo de Lugo) Lugo, "Da visibilidade de ler o mundo" (Casa de la Parra)
Santiago. "Segunda clase o turista" (Centro de arte contemporáneo Juan Ismael) Fuerteventura. "Libro de Autor" (Fundación Eugenio Granell) Santiago de Compostela. "Atravieso muros de cristal y te beso" (C5 coleccion) Santiago. "Ars Moenia" (Itinerancia organizada polo Museo de Lugo) Museo de Arte Contemporaneo.Bucarest. "EstampaTentaciones" (Pabellón de cristal-Casa de campo) Madrid. "Noovo Internatinal Festival for fashion and photography" Santiago "Avance dunha continxencia" (CGAC) Santiago.


#NOA PERSÁN#
1978, Villabona (Gipuzkoa)
http://noapersan.com/

Artista de vocación innata, aprende os rudimentos do debuxo a partir da análise directa do natural realizando os seus primeiros apuntes dende temprana idade. Aínda que nace en Euskadi trasládase á idade de oito anos a Os Ancares, onde permanecerá durante catro anos antes de establecerse definitivamente na cidade de Lugo. Os belos e aislados paisaxes das montañas lucenses causan un gran impacto na precoz artista, levándoa a realizar os seus primeiros bocetos de animais. Asimesmo despertarase no seu interior unha profunda fascinación pola natureza que lle conducirá na súa xuventude a cursar estudos de Inxeniería Forestal. A súa capacidad para plasmar con gran detalle a fisonomía humana valeulle o seu primeiro encargo, xénero no que ten demostrado unha evolución moi personal de gran éxito. Realizou numerosas exposicións tanto individuais como colectivas en diferentes institucións públicas e en galerías privadas. A súa obra foi seleccionada e premiada en numerosas ocasións, cabe destacar o V Certamen de Pintores Vascos, concurso galo no que obtivo o primeiro premio.




#LAURA PIÑEIRO#
1984, Pontedeume(A Coruña)
http://www.laurapineiro.com  


É artista plástica multidisciplinar, Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, sendo o seu principal marco de investigación e creación o mundo do quefacer artístico femenino. A súa obra consta de metáforas imbricadas na súa biografía, sendo o ámbito da costura fonte de inspiración e/ou materia prima.
Participa en gran número de mostras, destacando por recentes a súa individual Tic,Tac… (Galería A.dFuga), e colectivas Inside (Cidade da Cultura de Galicia),  A Arte de ser Muller nun mundo por compartir… (Sede da Deputación de Lugo e Rede museística de Lugo), Mulier, Mulieris (Museo Universitario de Alicante) entre outras. Está presente en feiras como JustMad 2013 e  Leeds Art Book Fair 2013.


#SORAYA REDONDO#
1988, Santiago de Compostela

Graduada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra realizando o seu ultimo ano na Facultade do Porto.
A súa obra está realizada a medio camiño entre o inxénuo e o tétrico, crea universos extraños e perturbadores inspirados nun mundo non existente nesta realidade.
Fala da pérdida da inocencia e a súa intimidade, os seus personaxes  desdibuxan a súa figura para facerse no tempo real, xogan ca materia a partir da cal foron creadas e levan a pintura mais alá dos límites do marco.
Realizou numerosas exposicións colectivas entre as que se atopan “Novos Horizontes” no  Palacete Visconde de Balsemão do Porto.


#MONTSE REGO#
1969, Lugo
http://www.montserego.net/

Artista visual formada na Escola de Arte de Lugo, especializada en cerámica artística. O seu carácter investigador e experimetal, fai que teña participado en numerosos obradoiros e seminarios nacionais e internacionais nos máis variados eidos artísticos.
A súa obra transcorre pola fronteira das diversas disciplinas e técnicas: instalación, cerámica, fotografía, vídeo, deseño ou xoiería. O seu mundo camiña entre o cotián, a feminidade e o mundo onírico, creando unha linguaxe e universo propio.

Ao longo dos últimos quince anos, participou en diversas exposicións no CGAC, Auditorio de Galicia, MACUF, Museo do Mar de Vigo, Museo Provincial de Lugo, Fundación Granell, Universidade de Santiago, Galería Trinta, Galería Govorcin, Galería A. dFuga, Galería C5 y Factoría, Jueves de Ágata, ARCO, Arte Lisboa..., estando presente nas coleccións do CGAC, Deputacións de Lugo, de A Coruña e de Ourense, Concello de Lugo, Fundación Nova CaixaGalicia, Fundación Granell e diversas coleccións privadas.



 #REME REMEDIOS#
1972, Romiña (Ourense)
http://remeremedios.blogspot.com.es/

Como artista e terapeuta , ten como principio e proxecto de vida, crear unha sociedade máis sana a través do amor á arte e a educación creativa .
Esta motivación vital levoulle a impartir non só talleres de arte, senón tamén propoñer obras colaborativas no seu entorno máis inmediato.
O seu enfoque aberto á construcción social tamén ten como finalidade potenciar unha comunidade creativa rica en intercambio relacional. A súa obra plástica participa do seu desexo de fusión coa vida e a beleza.
Continuando a evolución e creación plástica da súa propia obra, inicia a súa labor como xestora cultural, fundando e dirixindo dende 2006 en Ponferrada, León, o espazo expositivo DOSMILVACAS. arte. Neste espazo, integrado para a creatividade e a arte, crea as súas propias obras ó mesmo tempo que exhibe arte contemporánea e imparte talleres sobre creatividade para grupos de adultos, grupos de mulleres, nenos, persoas con diferentes capacidades.




#MERCEDES R. OUTEIRAL#
1948, Cangas 
http://esmalteafuego.blogspot.com

Esmaltista e pintora, fórmase entre 1992 e 2010 en diversos cursos de Esmalte ó Lume, Pintura e Orfebrería. Actualmente imparte docencia de Esmalte ó Lume e Pintura ó Óleo en Vigo.
Entre as súas exposicións destacan: exposición colectiva anual de Pintura al Óleo y Esmalte a Fuego. Centro Socio Comunitario Rivera- Atienza. Vigo (2012), exposición de Orfebrería, Esmalte al Fuego y Pintura al Óleo, exposición individual. Centro Socio Comunitario de Cangas de Morrazo. Pontevedra (2011). A súa obra figura na exposición Permanente de Esmalte al Fuego en Casa-Museo ‘A Mangallona’ (Cangas)


#NEVES SEARA#
1983, Ourense
http://www.nevesseara.com/

Licenciada en Belas Artes pola UEM, especialista en Escenografía (UEM) e en Museografía (USC), actualmente traballa dirixindo Aire centro de Arte.  A escenografía, a miniatura, a ausencia e a presencia, a impronta do corpo, a repetición, os xogos de luz e sombras, a memoria sensitiva dunha desmemoriada son as claves do seu traballo. Ten exposto a súa obra en Casa de Velázquez, Madrid,  a Galería23 e 11, La Habana;  Maison du Pilgrins, Bruselas; Galería Café 1001, Londres; Casa da Parra, Galería Metro, Galería E48 e CGAC en Santiago de Compostela; Braço de Prata, Lisboa, etc.  Realizou intervencións en New York, Helsinki, Atenas, Lisboa, Vigo, Madrid, Santiago.


#BEATRIZ S.SAÁ#
1986, Santiago de Compostela

Artista visual, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no 2009 e Técnico Superior en Escultura pola EASD Mestre Mateo de Santiago no 2011. Posúe tamén os Masters de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas e de Profesorado en Artes Plásticas da USC. Actualmente é co-directora da galería A.dFuga e conxuga a xestión cultural coa súa labor artística. Entre os seus destacados premios e becas artísticas encóntranse: Beca Internacional Opovo (Serbia) 2012, II Encontro de artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, Premio nacional de pintura Entre Valles 2011, Premio Concello de Cagas en Arte no Morrazo 2011 e o Primeiro Premio Gzcrea 2009. Entre as súas últimas exposicións do pasado ano: Mujeres y arte (Madrid), Emergentes (AboutArtGallery), 8k de memoria, co Colectivo 20 65 (Móstoles), Xeración 80 (Pazo de Cultura de Pontevedra), Camiños en femenino (España e Portugal), entre outras.



#PAZ VICENTE#
1968, Soria (Castilla e León)

Artista visual. Licenciada en Belas Artes na especialidade de Artes da imaxe pola Universidade Complutense de Madrid (2001). Estuda tamén o Máster en Arte, Museoloxía e critica contemporáneas da USC.
As súas obras nacen da experiencia persoal e evolucionan con ela. Falan do mundo interior, do paso do tiempo, do transito da vida. Utiliza diferentes medios para plasmar esas ideas e, se bien é certo que a meirande parte do traballo o realiza a través da fotografía como un instrumento,  pintura, fotografía, instalación, luz, espacio… todo ten a mesma importancia.
Ten realizado diferentes exposicións nacionais e internacionais, tanto individuais como colectivas. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario