AS ARTISTAS II



#LAURA PIÑEIRO#
1984, Pontedeume(A Coruña)
É artista plástica multidisciplinar, Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, sendo o seu principal marco de investigación e creación o mundo do quefacer artístico femenino. A súa obra consta de metáforas imbricadas na súa biografía, sendo o ámbito da costura fonte de inspiración e/ou materia prima.
Participa en gran número de mostras, destacando por recentes a súa individual Tic,Tac… (Galería A.dFuga), e colectivas Inside (Cidade da Cultura de Galicia),  A Arte de ser Muller nun mundo por compartir… (Sede da Deputación de Lugo e Rede museística de Lugo), Mulier, Mulieris (Museo Universitario de Alicante) entre outras. Está presente en feiras como JustMad 2013 e  Leeds Art Book Fair 2013.
#PAULOVA#
1983, Lugo

http://www.paulova.es/
Licenciada en Belas Artes, utiliza diferentes medios para representar a idea do cotiá, a propia experiencia e a ironía, buscando sempre o guiño co espectador por medio do popular. O kitsch serve como punto de partida para a realización de diferentes propostas que responden a realidades comúns e contemporáneas. Entre as exposicións nas que ten participado, destacan "Labores Marcianas" en AboutArtGallery (Pontevedra), Xeración 80 no Pazo da Cultura (Pontevedra), 13 Bienal de Pintura Balconadas (Betanzos), Emergentes en AboutArtGallery, Kaldarte de Caldas de Reis, etc. Recentemente participou en ferias como RoomArtFair#2 (Madrid, 2012) e expuso no CEART de Fuenlabrada (Madrid, Abril. 2013.1
#BEATRÍZ SIEIRO#
1985, Pontevedra
Artista multidisciplinar.  Licenciada en Belas Artes na especialidade de Debuxo pola UVIGO. Na actualidade está realizando dende o 2010 a súa tese doutoral: HACIA EL MÁS ALLÁ EL "entre" en la creación artística actual.Como artista plástica a súa obra foi exposta en diferentes mostras destacando: No 2011, "Estamos (I) Somos (+D) / We Are (+ of) 2", Biblioteca pública do Campus de ourense, No 2010 "Art Xove", Casa da Cultura de Pontedeume, A Coruña Museo de Pontevedra. No 2009 "Suxeitos difusos en redes severas" Casa das Campás, Pontevedra. "Voilá La Femme" Ateneo Santa Cecilia, Marin, Pontevedra. 


#NOA PERSÁN#
1978, Villabona (Gipuzkoa)
Artista de vocación innata, aprende os rudimentos do debuxo a partir da análise directa do natural realizando os seus primeiros apuntes dende temprana idade. Aínda que nace en Euskadi trasládase á idade de oito anos a Os Ancares, onde permanecerá durante catro anos antes de establecerse definitivamente na cidade de Lugo. Os belos e aislados paisaxes das montañas lucenses causan un gran impacto na precoz artista, levándoa a realizar os seus primeiros bocetos de animais. Asimesmo despertarase no seu interior unha profunda fascinación pola natureza que lle conducirá na súa xuventude a cursar estudos de Inxeniería Forestal. A súa capacidad para plasmar con gran detalle a fisonomía humana valeulle o seu primeiro encargo, xénero no que ten demostrado unha evolución moi personal de gran éxito. Realizou numerosas exposicións tanto individuais como colectivas en diferentes institucións públicas e en galerías privadas. A súa obra foi seleccionada e premiada en numerosas ocasións, cabe destacar o V Certamen de Pintores Vascos, concurso galo no que obtivo o primeiro premio. 

#CAROLINA CRUZ GUIMAREY#
1981, A Coruña
Artista visual, licenciada en Publicidad e RR.PP (UVIGO), e con un Máster en Produción Artística Universidad Politécnica de Valencia, e actualmente cursando doutorado Arte: Producción e Investigación da Universidade Politécnica de Valencia. Destacan as súas recentes exposicións individuais Las imaginadoras en A.dFuga e El desván. Estrategias para invocar fantasmas en Centre d'Art La Rectoría (Sant Pere de Vilamajor, Barcelona), e o seu Primeiro Premio de Escultura/Instalación no Certame Nacional de Arte Joven PANCHO COSSÍO 2012. Recentemente, participa na feira madrileña JUST-MAD en 2013, da man da galería A.dFuga.

#SHEILA PAZOS#
1986, Ginebra (Suíza)

http://www.sheilapazos.com/
Licenciada en Belas Artes en 2009 pola Facultade de Pontevedra con Premio Fin de Carreira, ampliou os seus estudos cursando un “Máster en Maya” en Madrid, un “Máster  en Arte Contemporáneo, Creación e Investi­gación” na Universidade de Vigo e atópase agora en período de redacción da súa tese e cursando “Estudios Superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia” (ESDEMGA).
Participou en numerosas exposicións colectivas e individuais nacionais, e internacionais. Participou tamén en feiras de arte como ArtMadrid e RoomArtFair. Gañou ademáis varios premios como o 2ºPremio en Artes Plásticas de Xuventude Crea 2010, 1º Premio de Videocreación “Gz Crea 2008”, a Bolsa Novos Valores 2009, e recibiu varios accésits e mencións de honra.
#TANIAPÉREZ#
1986, Pontevedra

http://taniaperezarribas.blogspot.com.es/
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, a súa actividade céntrase na práctica artística contemporánea,  tendo realizado varias exposicións colectivas, entre as que destacan as realizadas no Cuarto Espacio de Zaragoza, a sala de exposicións do Arco de los Santos de Jaén ou a chamada Madrigueras, el arte de habitar na sede da Diputación de Málaga. Ten participado en varias becas e proxectos subvencionados do ámbito nacional e internacional como o 10th International Art Symposiym Opovo en Serbia, a Feira Internacional de arte universitario IKAS-ART, o V Encuentro de artistas en Uncastillo, o MOVIC/ beca de movilidad creativa en Zaragoza. Tamén  gañou certámenes como o certamen de fotografía da universidad de Vigo, o certamen GZCREA 2013 ou o certamen Entre Valles de Madrid.  A súa obra forma parte de coleccións como a da Fundación Torrearte de Madrid, o Goberno de Aragón, a Universidade de Vigo, ou a Galería Jovan Popovic en Serbia.

#SORAYA REDONDO#
1988, Santiago de Compostela
Graduada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra realizando o seu ultimo ano na Facultade do Porto. A súa obra está realizada a medio camiño entre o inxénuo e o tétrico, crea universos extraños e perturbadores inspirados nun mundo non existente nesta realidade.
Fala da pérdida da inocencia e a súa intimidade, os seus personaxes  desdibuxan a súa figura para facerse no tempo real, xogan ca materia a partir da cal foron creadas e levan a pintura mais alá dos límites do marco. Realizou numerosas exposicións colectivas e individuales entre as que se atopan “Novos Horizontes” no  Palacete Visconde de Balsemão do Porto e "O meu mundo bonequil" no Centro Sociocultural Ensanche, sala do Concello de Santiago de Compostela.


#CARMEN LLONÍN#
1964, Lugo
Artista autodidacta que elabora traballos moi variados aínda que sempre relacionados coa paixón pola natureza e coas emocións personais. Entre as súas exposicións individuais destacan espazos como a Capela de Santa María, o Centro de Artesania e deseño de Lugo, Diputación de Lugo,O Concello de Cervo, a Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro ou a Galería Sargadelos de Lugo. 
Entre as últimas colectivas nas que ten participado podemos mencionar Novos Valores 2009 do Museo provincial de Pontevedra, A arte de ser muller nun mundo por compartir 3.0. Itinerante Rede Museística de Lugo. Pazo de Tor e Museo do Mar en San Cibrao, A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0. na Sede da Deputación de Lugo ou Proxecto Entolearte no Psiquiátrico San Rafael en Castro Riberas de Lea.

#ROSA NEUTRO#
1979, Cangas (Pontevedra)
http://rosaneutro.blogspot.com.es/
É artista multidisciplinar licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Actualmente, a fotografía é o punto central da súa obra; a inmediatez e o seu uso popular convértese no vehículo idóneo co que a artista explora o cotiá buscando asociacións inesperadas e o novidoso no máis achegado. A través do paseo explora “a realidade como si de unha pantalla se tratase sobre a cal [“unha”] proxecta as súas emocións” (Bernard Plossu). 

#GEMA LÓPEZ#
1987, Lugo
Licenciada en Belas Artes e Máster Universitario en Arte Contemporáneo. Creación e Investigación, pola UVIGO. A súa obra foi exposta en diferentes mostras destacando: Galería A.dFuga (Santiago), Pazo da Cultura (Pontevedra), Hospital Psiquiátrico San Rafael (Castro Riberas de Lea), Galería About Art (Pontevedra), Deputación Provincial de Lugo, Fundación CIEC (Betanzos), SALA X, Facultade de Belas Artes (Pontevedra), Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, Fundación RAC (Pontevedra), Académie Royale des Beaux-Arts de la Ville de Liège (Bélgica), Galería Amararte (Lugo), Ateneo Sta. Cecilia (Marín), Galería Sargadelos (Pontevedra), Espacio das Artes (Pedrouzos), Casa da Música (Lugo) e Casa do Concello de Lugo. Tamén destacar a súa participación na feira JUSTMAD#4 en Madrid da man da galería A.dFuga.

#LORETO BLANCO#
1964, Moaña (Pontevedra)
Licenciada e doutora en Belas Artes pola Universidade do Pais Vasco. Dende 1993 ata a actualidade Profesora na Facultade de Belas Artes da UVigo. Actualmente se atopa desenrolando dúas series: Seres de la naturaleza e Retratos puestas de luz, onde investiga relacións da natureza co ser humano, así como as conexións que posibilita a arte entre os aspectos emocionais, psicológicos e internos  mediante a cor, a imaxe e incluso o terapéutico. Artículos publicados: “La quiescencia de la material, todo un arte”, no libro  Arte:Diccionario ilustrado, Servicio de Publicacións da UVigo, 2012. “Poner en luz” no libro Aberto por obras. Editado pola UVigo e o MARCO, 2005. “Art of the consciousness of knowledge” no libro Arts therapy: Recognized discipline or soul graffiti?, 2004. “Educación artística para el desarrollo de la consciencia”, Revista Visualidades , Brasil, 2004. “La mirada interior como forma de conocimiento”no libro Sentidos del mirar, editado polo grupo de investigación PI1 da UVigo, 2001.
#SARA DEL VALLE#
1990, Cangas
Estudante de psicoloxía na USC especializada en género, comenzou a sua traxectoria como fotógrafa a unha idade moi temperá, acudindo a diversos cursos de fotografía analóxica, dixital e revelado.
Exposicións individuais:na Capela do Hospital de Cangas e no Concello de Moaña. Participación en exposición colectivas en Cangas: Sala do Auditorio e Sala Ángel Botello e Creamos(nós) I. Colaboracións como retratista para Editorial Ir Inedo e fotografía de concertos.
#Mª X FERNÁNDEZ IGLESIAS#
1961, VIGO
https://maxfernandez.virtualgallery.com/
http://www.coroflot.com/MaxFE/exposiciones
Ten traballado en moitos eidos das artes visuais e todos eles acaban por mesturarse na súa obra, nunha mestizaxe que busco intencionadamente.
Ten obra en espacios públicos como a correspondente á Beca Paradanta no Concello de A Cañiza.
Participa na feira Flecha en Madrid e entre as súas exposicións podemos destacar a Sala do Auditorio Municipal en Cangas, Museo Arqueolóxico e Casa da Xuventude de Ourense, Sala do Teatro Principal, Sala Teucro de Pontevedra, sala do Colexio de Arquitectos e Casa das Artes en Vigo, Casa da Parra en Santiago. Ten participado en exposicións, de escultura e ilustración, colectivas e itinerantes por Galicia, España e Hispanoamérica.
#MONTSE REGO#
1969, Lugo http://www.montserego.net/
Artista visual formada na Escola de Arte de Lugo, especializada en cerámica artística. O seu carácter investigador e experimental, fai que teña participado en numerosos obradoiros e seminarios nacionais e internacionais nos máis variados eidos artísticos.
A súa obra transcorre pola fronteira das diversas disciplinas e técnicas: instalación, cerámica, fotografía, vídeo, deseño ou xoiería. O seu mundo camiña entre o cotián, a feminidade e o mundo onírico, creando unha linguaxe e universo propio.

Ao longo dos últimos quince anos, participou en diversas exposicións no CGAC, Auditorio de Galicia, MACUF, Museo do Mar de Vigo, Museo Provincial de Lugo, Fundación Granell, Universidade de Santiago, Galería Trinta, Galería Govorcin, Galería A. dFuga, Galería C5 y Factoría, Jueves de Ágata, ARCO, Arte Lisboa..., estando presente nas coleccións do CGAC, Deputacións de Lugo, de A Coruña e de Ourense, Concello de Lugo, Fundación Nova CaixaGalicia, Fundación Granell e diversas coleccións privadas.
#REME REMEDIOS# 
1972, Romina (Ourense) 
http://remeremedios.blogspot.com.es/ 
Como artista e terapeuta, ten como princicipio e proxecto de vida, crear unha sociedade máis sana a través do amor á arte e a educación creativa . Esta motivación vital levoulle a impartir non só talleres de arte, senón tamén propoñer obras colaborativas no seu entorno máis inmediato. O seu enfoque aberto á construcción social tamén ten como finalidade potenciar unha comunidade creativa rica en intercambio relacional. A súa obra plástica participa do seu desexo de fusión coa vida e a beleza.Continuando a evolución e creación plástica da súa propia obra, inicia a súa labor como xestora cultural, fundando e dirixindo dende 2006 en Ponferrada, León, o espazo expositivo DOSMILVACAS. arte. Neste espazo, integrado para a creatividade e a arte, crea as súas propias obras ó mesmo tempo que exhibe arte contemporánea e imparte talleres sobre creatividade para grupos de adultos, grupos de mulleres, nenos, persoas con diferentes capacidades.
#NEVES SEARA# 
1983, Ourense 
http://www.nevesseara.com/ 
Licenciada en Belas Artes pola UEM; especialista en Escenografía (UEM) e en Museografía (USC), actualmente traballa dirixindo Aire centro de Arte.  A escenografía, a miniatura, a ausencia e a presencia, a impronta do corpo, a repetición, os xogos de luz e sombras, a memoria sensitiva dunha desmemoriada son as claves do seu traballo. Ten exposto a súa obra en Casa de Velázquez, Madrid,  a Galería23 e 11, La Habana;  Maison du Pilgrins, Bruselas; Galería Café 1001, Londres; Casa da Parra, Galería Metro, Galería E48 e CGAC en Santiago de Compostela; Braço de Prata, Lisboa, etc.  Realizou intervencións en New York, Helsinki, Atenas, Lisboa, Vigo, Madrid, Santiago.
#BEATRIZ S. SAÁ# 
1986, Santiago de Compostela  
www.beatrizsuarezsaa.com/ http://beatrizsuarezsaa.blogspot.com.es/ 
Artista visual, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no 2009 e Técnico Superior en Escultura pola EASD Mestre Mateo de Santiago no 2011. Posúe tamén os Masters de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas e de Profesorado en Artes Plásticas da USC. Actualmente é co-directora da galería A.dFuga e conxuga a xestión cultural coa súa labor artística. Entre os seus destacados premios e becas artísticas encóntranse: Beca Internacional Opovo (Serbia) 2012, II Encontro de artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, Premio nacional de pintura Entre Valles 2011, Premio Concello de Cagas en Arte no Morrazo 2011 e o Primeiro Premio Gzcrea 2009. Entre as súas últimas exposicións do pasado ano: Mujeres y arte (Madrid), Emergentes (AboutArtGallery), 8k de memoria, co Colectivo 20 65 (Móstoles), Xeración 80 (Pazo de Cultura de Pontevedra), Camiños en femenino (España e Portugal), entre outras.
#ISABEL SOMOZA GARCÍA# 
1973, Lugo 
Licenciada en Belas Artes e Técnico en gravado e estampación. 
Dende 1999 dirixe o Centro de Gravado augatinta, onde programa cursos profesionais no campo das artes gráficas. Nos últimos dez anos realiza proxectos colectivos de gravado xunto cos artistas Xabier de Sousa e Xosé Poldras. Seleccionada en certámenes como os Premios de arte CajaMadrid, cidade de Lugo, II Premio Fundación Deutsche Stiftung, neste ano 2013, recibe a Mención de Honor no Premio Atlante Fundación do Gravado de Artes. 
Exposicións Individuais: "Hablando para el cuello de la camisa" Vigo 2012. "Experimentos xenéticos", Lugo 2008, "Navegantes" Vigo 2005. Grabado. Bacabú. Lugo 2000, "Puzzle" CaixaVigo. Vigo 1999.
#MÓNICA TRASTOY CUBA#
1976, Vilalba (Lugo)
www.monicatrastoy.com
Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura, obtivo o D.E.A. no curso de doutoramento "Alternancias arredor do Debuxo" na  Universidade de Vigo. Expuso a súa obra de maneira individual no Terceiro espacio do Centro Torrente Ballester de Ferrol, e na sala de exposicións de "El Correo Gallego" de Santiago de Compostela. Entre as bolsas que recibiu na sua traxectoria, destacan: a Beca Talens de Barcelona, a bolsa da Xunta de Galicia para estudos de terceiro ciclo, o premio fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e a Bolsa "Novos Valores" da Deputación de Pontevedra. 
#MARÍA XOSÉ DOMÍNGUEZ#
1967, Val do Dubra, A Coruña
http://mariajosedominguez.blogspot.com.es/
Reside entre Tetuan (Marruecos) y Santiago de Compostela (España)
Licenciada en Historia da Arte, Técnica superior en deseño de interiores e fotografía artística, Master en Educación, USC.
Fundadora e directora da Xestora Cultural Sabor a Menta.
Dirección e Creación do programa Cen Campás, para Radio Voz, Santiago de Compostela (premiado).
Comisariado exposicións.
Docente no campo da Historia da Arte, debuxo artístico e pintura
Proxectos de Arquitectura de interiores e merchandising.
Exposicions individuais e colectivas: Las tunas (Cuba), Citania (Santiago de compostela), auditorio de Vilagarcia (Galicia), Capela do Pilar (Corcubión), Espazp Galyarte, Sabor a Menta e Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago Compostela), Sargadelos (Ourense).
Intervención artística: Mala fortuna Espace 150x295. Martil (Marruecos).

#LARA PINTOS#
1984, A Coruña
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2010, realiza seus estudos en Pontevedra e Madrid. 
A súa formación artística comeza na EASD de A Coruña, onde se titula en Ilustración, empezando a realizar os seus propios proxectos expositivos e colaboracións editoriais.
Entre 2010 e 2011 disfruta da bolsa da Fundación Antonio Gala en Córdoba, onde leva a cabo o seu proxecto multidisciplinar “Recuerdos de una silla”, que espuxo na Fundación Tres Culturas de Sevilla e nas galerías Sargadelos de A Coruña e Ferrol. 
A súa obra ten sido premiada en varios certámes e seleccionada en numerosas exposicións colectivas como o XIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación de A Coruña, Arte Jove-n da Fundación María José Jove, Técnica Mixta do MAC, ou Regalarte da Galería Cuatrodiecisiete en Madrid.
Así mesmo, ten compaxinado estes proxectos ca súa faceta como ilustradora e educadora impartindo obradoiros infantís nas Bibliotecas municipais e desenrolando outras experiencias docentes como a a/r/tography, despois de titularse en 2012 no Máster de Profesorado de Educación Artística na UDC.




#ISABEL ALONSO#
1960, Vigo
Licenciada na especialidade de escultura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo en 2002, evolucionou a unha artista multidisciplinar. Entende a arte como un todo, e por iso se expresa mediante calquera tipo de técnica ou material, en función do momento e do que desexe transmitir.
A maioría dos seus traballos teñen en común a utilización do corpo da muller como referente, xa sexa de forma illada ou en combinación con outros elementos, polo xeral obxectos propios reciclados ou encontrados, cunha historia detrás, o que lles proporciona unha enorme carga simbólica e os converte en elementos de reflexión.
Dende 1999 participou en numerosas exposicións individuais e colectivas, sendo seleccionada en distintos certames e proxectos, dos últimos, este mesmo ano, poden destacarse entre outros, a residencia artística I de Enredarte na Sede da Deputación de Lugo, e Arte e Natureza no Pazo de Tor, tamén en Lugo, o Proxecto Portas Abertas, en Evora, Portugal, na exposición inaugural no antigo Pazo da Inquisición, o Certame Pintor Laxeiro, e exposición Empor-Arte, no museo de Lalín, o proxecto colectivo Yo Expongo no Raíña, con proxección de obras sobre a fachada do Museo Raíña Sofía de Madrid, e a exposición colectiva itinerante do proxecto Andante, a última no Centro Marcos Valcárcel de la Deputación de Ourense.





#PAULA CABALEIRO#

1986, Cangas do Morrazo
Licenciada en Belas Artes pola UVIGO e con máster en Museoloxía e Crítica de la USC y Máster de Educación por la UVIGO, fundadora da galería A.dFuga en Santiago de Compostela, comisaria y gestora cultural. Actualmente, codirectora da feira de arte Cuarto Público e directora en Galicia do festival estatal Miradas de Mujeres 2014. Como artista multidisciplinar, destacar exposiciones en las que ha participado como Inside (Cidade da Cultura), Quien da la vuelta a la tortilla? (MUBAM de Murcia, Museo de León e Museo Provincial de Lugo), Mujeres y Arte (Dirección General de Turismo, Madrid), Locografías (Teatro Zorrilla-Fundación Intras, Valladolid), Arte de ser muller nun mundo por compartir 3.0 (Deputación de Lugo), 8k de memoria (Centro Villa Móstoles, Madrid), Novos Valores (Museo de Pontevedra), VPremio Internacional de Artistas Jóvenes (Fundación María José Jove, A Coruña)...



#NATALIA VARELA CADAHÍA#
1982, Monterroso (Lugo)
Graduada en fotografía e creación dixital, Centre de la imatge i la tecnologia multimedia de Terrassa e Gráfica publicitaria pola Escola de arte Pablo Picasso, A Coruña. Realizou o curso  formativo de grabado no centro de grabado Augatinta, Lugo. O curso monográfico “la textura y el monotipo” en Santander.    O curso monográfico de litografía en la Universidad popular de Gijón. O curso formativo en luminotecnia  ESCAC, Terrassa 
Esposicións; “Grabado na memoria”, Arzúa, 2013 -Proyecto de creación fotográfico “Devolución. Una historia del mar”, 2010 / Proyecto de creación fotográfico “Naturaleza intervenida”, La Garrotxa, 2010 / Proyecto de creación fotográfico: “Las ruinas del tiempo”, CS  la mustadiella, Asturias, 2009 / Proyecto de creación fotográfico “O Castro” (censo fotográfico), Castro Amarante, Galicia, 2006 / Proyecto de creación fotográfico “Galiza. Reconstrucción social”, CSOA  Can Cadena, 2005 / Proyecto de creación fotográfico “Iconos e sinais” (Iconos y señales), CITM, 2004

















No hay comentarios:

Publicar un comentario