O PROXECTO



Fuxindo de victimismos, Creamos (nós) presentará obra de artistas que hoxe se atopan creando na Galicia actual, dunha xeración de tecedoras da cultura que de algunha maneira reivindican a posición da muller na arte contemporánea, descubrindo con iso novos paradigmas de creación.

CREAMOS(NÓS) ; mulleres artistas en 1ªpersoa, fai un guiño dende o propio título ó binomio crer/crear, enfatizando o papel fundamental que respecto á arte das últimas décadas tivo tanto o pensamento feminista, como a aportación de numerosas mulleres artistas.

Este é un proxecto expositivo que se construe con diferentes liñas discursivas enriquecedoras, colocando tiles e poñendo en evidencia algúns dos principais asuntos cuestionados nas últimas décadas por artistas femininas (identidade, sexualidade, maternidade, familia, xénero, memoria, vida cotiá, espazo privado e público... ), vertentes temáticas argumentadas dende pintura, escultura, instalación, debuxo, grabado, ilustración e indumentaria.

Esta mostra estará dedicada na súa totalidade á produción artística feminina en Galicia, propiciando un diálogo multixeracional, heteroxéneo en canto a formación, orixe xeográfica, temáticas e disciplinas. Baixo a premisa de esnaquizar os estereotipos para presentar unha visión fresca, dinámica e movilizadora da vinculación do xénero ó mundo da arte, co respeto que merece,  pero ó mesmo tempo coa reflexión crítica e diverxente como principio. 



Paula Cabaleiro

comisaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario